1 O Camiño de SantiagoO camiño Portugués ó seu paso por Redondela | ||||||
O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos restos (presumiblemente) do Apóstolo en Santiago de Compostela durante o reinado de Afonso II. O Camiño Portugués
Pódese cualificar a Portugal como "terra de camiños", do mesmo xeito que a España, pois os peregrinos brotaban de todas as comarcas para dirixirse a Compostela. Os tres camiños que describimos, dos múltiples existentes, son os que contan con algún tipo de actuación e os tres parten do tronco occidental de Lisboa-Coimbra-O Porto, onde se dispersan para volver unirse en Redondela (España). Os camiños orientais apenas se contan con actuacións. Nos occidentais, ata 1884 os peregrinos debían cruzar o río Miño por algunha das poboacións que contaban con barcas ou pontes de barcas, pero coa construción da ponte internacional en Tuy nese ano facilitouse enormemente a comunicación entre ambas as beiras polo eixo Valença do Miño-Tuy. Os Camiños Portugueses occidentais arrincan de Lisboa e pódese marchar cara a Coimbra por dúas variantes. Xa en Coimbra poden tomar dirección nordés (oriental) cara a Chaves, ou noroeste cara a Águeda, mosteiro de Pedroso e O Porto, onde se abren nos tres que seguidamente comentamos e que son os que contan con actuacións: Redondela no Camiño![]()
Entre a arquitectura relixiosa cómpre salientar a igrexa de Santiago de Vilavella, obra do século XV, pero que co paso do tempo foi sufrindo numerosas reformas. Tamén destacan a capela de Santa María, coñecida co nome de Capela das Angustias, cunha fermosa fachada barroca, a ermida da Nosa Señora do Viso, emprazada nun lugar de gran valor paisaxístico, a igrexa románica de San Fausto de Chapela, con planta de cruz latina, a de San Andrés de Cedeira, erguida no século XVIII, e o convento de Vilavella, fundado en 1501 con igrexa dunha soa nave. Dentro das construcións civís, o abraiante viaduto da liña ferroviaria Vigo-Ourense-Madrid é unha das construcións de maior importancia para o concello. Da Idade Media e como lembranza das familias nobres que residiron aquí, consérvanse varios pazos: casa-torre de Prego (na actualidade casa de albergue de peregrino), a casa do Petán e o pazo dos Pousadouro, en Redondela, a casa Grande de Reboreda e o pazo-torre de Cedeira |
Redondela
viernes, 3 de octubre de 2008
O Turismo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario