martes, 14 de octubre de 2008

Illa de San Simón




A illa deriva o nome da enseada, chéa de historias e coa peculiaredade de que parece que se une a praia da Punta a través dun camiño de area.



A historia desta illa comeza coa ocupación dos templarios nos s. XII e XIII ata que acaba sendo dona do Obispado de Tui donada pola Coroa de Aragón por agradecemento da súa fidelidade. Neste tempo, celebraríanse romerías e lle dedicarían cantigas como a de Mendinho, Jhoan de Cangas ou Martin Codax. Despois estaría sometida a ocupacións relixiosas, períodos de abandona, asaltos e, saqueos por parte de piratas británicos.

En 1702 foi a batalla de Rande, onde loitaron as tropas anglo-holandesas que gañaron contra a coalición francesa-española, para logo saquear toda a costa e incendiar o monasterio da illa, que foi reconstruído para que despois sea destruído por un ataque inglés no ano 1719.

Despois constrúese o que sería coñecido como Lazareto de San Simón, que inaugurouse no ano 1841. Esta etapa resultou fundamental para a evolución da ría de Vigo e foi cando se construíu a ponte que une as dúas illas. Sen embargo, en 1927, clausúrase coa chegada da Guerra Civil que acaba convértedose en cárcere para os presos republicanos.



Máis tarde, servirá como residencia de verán para os membros da Garda de Franco no que co afundimento da súa embarcación morren a maioría. Isto fixo que se pechara, ata fai pouco que se habilitou para as visitas (con permiso).



Festa da Coca

“Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un drago que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha xove a sua cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóves mariñeiros armaronse de coraxe e un día acordaron encararse ó monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita saliron victoriosos. Xa vencido o truxeron ó pobo, ó mesmo tempo que liberaron ás xóves que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o drago dera os seus últimos suspiros, cando os valientes xóves, colléndose as espadas uns ós outros, empezaron a bailar arredor do drago morto”

Desde a orixe, a celebración séguese conservando ata os nosos tempos; tódolos anos, na víspera do desfile do Corpus Christi pola noite, fanse unhas alfombras con flores no medio da estrada.






Despois, polo día, celébrase unha festa, sacando a figura da coca (dragón con aspecto de carro tirado por un home de traxe), a rúa e, seguídamente, realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas, na que cosiste en que uns danzantes coas espadas forman un conxunto coreográfico e póñense a bailar nunha plaza xunto coas penlas vestidas de cor branco e unhas nenas encima dos hombros con ás que simbolizan os anxos.
















Festa dos Maios

Os maios celébranse nalgunhas zoas do sur de Galicia, para recordar a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos. Isto rememórase desde antes da romanización, na que incluso se ofrecían sacrificios para propiciar as colleitas.

Pódense distinguir dous tipos de maios:

Os Tradicionais:



Os artísticos:



Festa do Choco


O choco é o alimento máis tradicional e especial que houbo ata agora en Redondela. Desde xa fai moito tempo, os mariñeios e mariscadoras foron cultivando e pescando este cefalópodo por gusto durante toda a vida.



Co seu gran sabor, e as distintas formas de preparalo, como arroz con chocos enteiros (o meu favorito), ou troceados, empanada de chocos, etc… En definitiva, nesta festa celébrase e cómese chocos por todo o alto, de todas maneiras e cun pouquiño de viño ou unha paella; fresquiños e coa súa denominación de orixe “Galicia Calidade”, que serviu de musa para moitos escritores, e que agora represéntanos, xunto co viaducto, ¡porque somos redondelans!…



Festival Internacional de Títeres

Este festival celébrase cada ano no multiusos. Trátase dunhas actuacións de teatro con títeres de tódolos tipos e de tódolos sitios. Para aceder hai que pagar unha entrada, pero bastante antes de que empece a actuación porque o multiusos ten pouca capacidade e esgótanse enseguida (o digo por experiencia).



Todo isto foi creado por Juanjo Amoedo, que grazas ao apoio de diversas institucións políticas, económicas e sociais; tanto autonómicamente, como provincialmente, como localmente; que fai que isto crezca en persoal e en actucións.

O último festival foi o 9º celebrado do 26 de Maio ao 1 de Xuño no 2008 e participaron actuacións de Asturias, Cataluña, Francia, India, China, Rusia, Kenia, Arxentina, México e Hungría.





Festival de artistas na rúa

Un dos festivais que a min máis me gusta é este, xa que todo isto é GRATIS e de calidade. Trátase da representación dunha historia con marionetas, coas mans, co corpo,etc... na rúa por distintas partes de Redondela (Alameda, Casa da Torre, Concello, etc..)





Festa dos Fachos


A festa dos Fachos naceu hai dez anos coa intención de crear unha festa que dea a benvida o verán utilizando elementos tradicionais como os fachos, a música celta é a queimada para espantar a meigas, demos e malos augurios.



Celébrase subindo a Penda onde únese a xente de Redondela e Soutomaior chamar a atención sobre os coidados que debe recibir a montaña na súa conservación, mostrando gran interese polas especies autóctonas. Agora xa son máis de 2.000 asistentes portadores de fachos, que garantiran a espectacularidade da celebración.