martes, 14 de octubre de 2008

Información Básica












Altitud 17 msnm

Superficie 52,1 km²

Población 29,987 hab.

Alcalde Xaime Rei Barreiro

Patrón San Santiago Apóstol

É un municipio da provincia de Pontevedra, Galicia (España), situada na comarca de Vigo.

Delimita coa Ría de Vigo polo oeste, con Vigo polo sur, con Mos e Pazos de Borbén polo este, e con Sotomaior polo norte.

É montañosa e suave, con elevaciones de casi 500 m. de

altitud (no sur), e polo borde costeiro areoso e rocoso a vez. É un terreno moi irregular.

Tamén conta con pequenos cursos fluviais e varios riachuelos como o Maceiras e o Alvedosa.



A súa proximidade ao mar fai que as temperaturas sexan moi suaves e se encadren entre os 10 e os 20 graos.

As borrascas do Atlántico e os ventos húmidos do suroeste entran nestas terras sen ningún tipo de obstáculo.


Está formada por 14 parroquias:

Cabeiro - 1.075 habitantes

Cedeira - 2.099 habitantes

Cesantes - 3.420 habitantes

Chapela - 9.696 habitantes

Negros - 517 habitantes

Quintela - 694 habitantes

Reboreda - 2.252 habitantes

Redondela - 7.085 habitantes

Saxamonde - 797 habitantes

Trasmañó - 1.050 habitantes

Ventosela - 719 habitantes

Vilar de Infesta - 1.208 habitantes

O Viso - 1.461 habitantes


Pódese chegar desde:

Pontevedra (20 km) A Coruña (141 km) Ourense (99 km)

Lugo (165 km) S. de Compostela (79 km) Vigo (14 km)

Tui (28 km) Valença do Minho (29 km) Monçao (35 km)

Oporto (148 km)


A SÚA HISTORIA

A Vila de Redondela remonta os seus orixes na dominación fenicia. Desde a conquista cristiá (s. XIII), formou parte dos Guzmares de Niebla, como terras de señorío. No s. XVI, pasa a formar parte do Marquesado de Ayamonte e, a mediados do s. SVII, ao Marquesado de Astorga ata o s. XIX.

Redondela conformou o núcleo de poboación ata o s. XVIII grazas a unha rica agricultura e actividades pesqueiras. A partir de ahí, os canles foron estreitáronse pouco a pouco pola erosión, facendo que se tape o Canle da Tuta e a saída ó mar, especialmente despois do terremoto de Lisboa en 1755. Este feito supuso un duro golpe para a poboación que perdeu homes e riquezas.



Pouco a pouco, Redondela foi perdendo importancia tanto económica, como política e social, cun descenso importante de habitantes que chegou a acadar os 473 en 1845.

No ano 1882, dado ó mal estado económico e as deudas municipais, solicita a intervención da recién creada Diputación Provincial co fin de buscar solucións económicas. Foi entonces cando no ano 1887 establécese un acordo tripartito entre a Diputación, o Concello da Illa Cristina e o propio de Redondela, producíndose a anexión de todo o municipio ao da Illa C

ristina. No ano 1982 é declarada, previa solicitud ao Governo da Nación, Entidade Local Menor, como paso previo á recuperación da súa identidade como municipio, paso que se ha visto o longo dos anos truncado polos contínuos impedimentos que desde as distintas administración, en especial a da municipal, se lle han posto, sendo o máis humillante o sufrido coa aprobación polo Parlamento Andaluz da nova Ley de Demarcación Municipal de Andalucía do 27 de julio do 1993, pola que se establecen uns criterios simplistas, sen base algunha cos sustenten e fora de toda lóxica, para que unha entidade poda constituirse en municipio. Así as cousas, parece ser que a Redondela lle quedan días de loita para que polo menos intente recuperar algo do seu antigo término municipal.

Actualmente a vila está contituída como Entidade Local Autónoma, dacordo coa Ley citada, con concello propio e cunha serie de competencias que se lle otorga; establece e aproba os seus propios presupuestos dacordo cos ingresos que lle son propios. A goberna unha Xunta Veciñal composta polo alcalde e catro vocais elexidos nas urnas dos comicios municipais. O alcalde é elexido en sufraxio independente.


Acontecementos históricos máis importantes:


Primeiros poboadores :

Restos arqueolóxicos testifican a presenza humana desde moi antigo, levándonos ata Idade de Bronce e a cultura castrexa.


Romanización:

A romanización foi moi intensa e temos probas como os miliarios. Grazas a eles, a cidade de Vigo tivo un gran desenvolvemento.


Miliario

O Arcebispo Xelmírez :

O acontecemento histórico máis importante desta época probablemente sexa a estadía, ao longo duns anos, de Xelmírez logo de ser desterrado no ano 1466.


Illas de San Antonio e San Simón:

As illas de San Antonio e San Simón foron o lugar de acollida para varias ordes relixiosas (benedictinos, franciscanos e templarios) ao longo de moitos séculos ata 1830. Foi entón cando se utilizou como leprosería. Este feito tivo como consecuencia indirecta o desenvolvemento do porto de Vigo.


Batalla de Rande :

A súa situación costeira fixo que ao longo do tempo este pobo vísese atacado desde o mar por flotas de distintos países ou por piratas. Destes ataques, os máis famosos son o da armada anglo-holandesa na que saíron vitoriosos na batalla de Rande no ano 1702 e o ataque francés na Guerra da da Indempendiencia.


Batalla de Pontesampaio :

Outro feito histórico foi na vitoria sobre as tropas de Ney no lugar de Pontesampaio en xuño de 1809.


Dende as últimas décadas do século XIX, Redondela se define pola imaxe dos seus viaductos de ferrocarris que lle conferen unha personalidade propia. Declarados monumentos Histórico-Artísticos, permiten á pequena vila ser coñecida como: Redondela "a vila dos viaductos".

viernes, 3 de octubre de 2008

O Turismo

1 O Camiño de Santiago

O camiño Portugués ó seu paso por Redondela
Albergue de Peregrinos
Letreiro dun dos albergues de peregrinos de Redondela

O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos restos (presumiblemente) do Apóstolo en Santiago de Compostela durante o reinado de Afonso II.

O Camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento: nós tocaremos neste monográfico a vía coñecida como o "Camiño Portugués, trazado para acceder a Galicia a través de terras portuguesas. Aínda que existen rutas históricas que arrincan desde o sur de Portugal e desde Lisboa, e poden marchar cara a Coimbra por dúas variantes.

O Camiño Portugués


Monolito
Monolito indicativo ó seu paso por unha das parroquias.
Este Camiño adquire importancia a partir do século XII, e permitiu consolidar rutas e intercambio cultural e económico.

Pódese cualificar a Portugal como "terra de camiños", do mesmo xeito que a España, pois os peregrinos brotaban de todas as comarcas para dirixirse a Compostela. Os tres camiños que describimos, dos múltiples existentes, son os que contan con algún tipo de actuación e os tres parten do tronco occidental de Lisboa-Coimbra-O Porto, onde se dispersan para volver unirse en Redondela (España). Os camiños orientais apenas se contan con actuacións. Nos occidentais, ata 1884 os peregrinos debían cruzar o río Miño por algunha das poboacións que contaban con barcas ou pontes de barcas, pero coa construción da ponte internacional en Tuy nese ano facilitouse enormemente a comunicación entre ambas as beiras polo eixo Valença do Miño-Tuy.

Os Camiños Portugueses occidentais arrincan de Lisboa e pódese marchar cara a Coimbra por dúas variantes. Xa en Coimbra poden tomar dirección nordés (oriental) cara a Chaves, ou noroeste cara a Águeda, mosteiro de Pedroso e O Porto, onde se abren nos tres que seguidamente comentamos e que son os que contan con actuacións:

Redondela no Camiño


A Casa da Torre
Para os que teñan interese polas culturas do pasado que asentaron en Galicia e desexe saber máis delas pode vir a este termo municipal. Aquí atopará vestixios da época megalítica (a necrópole de Chan das Formigas e as mámoas do Coturro e dos Lagos en Vilar de Infesta), da Idade do Bronce (machadas, petroglifos…), da cultura castrexa (no Couto do Castro e no Castro da Peneda) e da romanización (vilas e miliarios, entre os que sobresae o chamado 'marco' de Vilar de Infesta).

Entre a arquitectura relixiosa cómpre salientar a igrexa de Santiago de Vilavella, obra do século XV, pero que co paso do tempo foi sufrindo numerosas reformas. Tamén destacan a capela de Santa María, coñecida co nome de Capela das Angustias, cunha fermosa fachada barroca, a ermida da Nosa Señora do Viso, emprazada nun lugar de gran valor paisaxístico, a igrexa románica de San Fausto de Chapela, con planta de cruz latina, a de San Andrés de Cedeira, erguida no século XVIII, e o convento de Vilavella, fundado en 1501 con igrexa dunha soa nave.

Dentro das construcións civís, o abraiante viaduto da liña ferroviaria Vigo-Ourense-Madrid é unha das construcións de maior importancia para o concello. Da Idade Media e como lembranza das familias nobres que residiron aquí, consérvanse varios pazos: casa-torre de Prego (na actualidade casa de albergue de peregrino), a casa do Petán e o pazo dos Pousadouro, en Redondela, a casa Grande de Reboreda e o pazo-torre de Cedeira